Case todos nacemos sen traer un pan no brazo,
á casa do éxito non fomos convidados.
Sexa como sexa sempre discriminados,
de costas a un mundo feito para privilexiados.
Verdes campos onde pacen conciencias mutiladas,
coa néboa e coa cobiza realidades ocultadas.
Non seremos claque, bufóns nen comparsas,
romperán a valla ilusións de esperanza.
Sempre baixo a gloria disfrutando a cada paso
Fracasados de Antemano
Aprendendo en cada erro triunfando en cada fracaso
Fracasados de Antemano
Vivindo nunha cova buscando a claridade,
a nosa loita é cada día para extinguir a escuridade.
Camiñamos pola rúa, rúa da dignidade,
a dos que buscan respeto e na mesa igualdade.
Liberdade é un concepto pero hay que levalo á práctica,
falar do que ti queres sen que che borren palabras.
Xornalistas prexulgan e asinan con esvásticas,
sodes hipócritas! censura democrática!
Sempre baixo a gloria disfrutando a cada paso
Fracasados de Antemano
Aprendendo en cada erro triunfando en cada fracaso
Fracasados de Antemano
Bailando bulerías polo tren de cada día,
semella que a esta vida quédanlle xa poucas risas.
Precísanse Rei Midas que convertan en ledicia,
sorrisos e caricias o odiö da mayoría.
Imbéciles e escuros non nos queren comprender,
abundantes ignorantes necesitan aprender.
Abrir os ollos e ver o que está a suceder
que os gobernantes só lles interesa o poder.
Sempre baixo a gloria disfrutando a cada paso
Fracasados de Antemano
Aprendendo en cada erro triunfando en cada fracaso
Fracasados de Antemano
Raw live recordings back this rap album which peaks when guests like Lyrics Born, Ozay Moore, Mr Lif step to the mic. Bandcamp New & Notable Sep 11, 2013