Aquela mañá como tantos millóns de persoas,
que veñen a Europa procurando un futuro mellor.
El sen pensar ía para o traballo,
sen saber que á súa vida xa lle puxeran final.
Sete balazos xulgárono sen abogado,
polas costas morto coma un animal.
Investigação non houbera, o xuiz para que o quería,
Se unha morte servía para calmar a população.
Dime por que, os teus erros pretendes limpar con sangue
Dime por que, cando matas inocentes pós de escusa a liberdade
Dime por que, dime por que.
Cal era o delito que Menezes pagou coa vida,
era ser semellante a un sospeitoso nunha fotografía.
Brasileiro, islamista, emigrante ou terrorista,
cantas mentiras lixando a honra dun traballador.
Dime por que, os teus erros pretendes limpar con sangue
Dime por que, cando matas inocentes pós de escusa a liberdade
Dime por que, dime por que.
Dime quen é o terrorista cando dun fío pendura a xustiza?
Cólganse medallas, Londres xa está en calma, a policía vela por vós.
Seguridade, atrocidade, a inconsciencia ao poder.
Irresponsabilidade, enxendran na sociedade, desconfianza, medo, odio e rencor.
Caza de meigas, gobernos dirixen a orquestra, soltan aos cans de presa.
Dime por que acontece. Dime por que Menezes.
Non dispares pensa non. Non dispares pensa, non.
(Falado)
O 22 de xullo do 2005 tralos atentados da cidade de Londres,
facendo alarde dun sistema seguro e perfecto,
a policía británica acribilla a balazos a Menezes, un electricista brasileiro.
Unha orde de disparo indiscriminado a todo terrorista
e a neglixencia de Scotland Yard conducírono á morte.
Os responsables de esa morte foron ascendidos,
evitando a toda costa que se fixese unha investigación para facer xustiza.
Son estas as persoas que nos protexen?
Fracasados de Antemano condena este asesinato e todo tipo de acción por parte do máis cruel dos terrorismos, o terrorismo de estado!
Raw live recordings back this rap album which peaks when guests like Lyrics Born, Ozay Moore, Mr Lif step to the mic. Bandcamp New & Notable Sep 11, 2013